Convocatoria do VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo Entidade Local de Morgadáns.
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.
As sete edicións anteriores acadaron importantes éxitos de participación (arredor de 45 orixinais) e crítica nas obras publicadas. Os autores premiados ata o de agora foron Carlos Negro, Mª Carmen Caramés, Elvira Riveiro, Silvia Penas, Mª Goretti Fariña, Calros Solla, Conchita Álvarez Lebredo, Ramón Sandoval e Lara Rozados.
Victoriano Taibo foi unha figura sobranceira nos dous primeiros terzos do século XX. Mestre de profesión, membro da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Históricos do Minho, lingüista e escritor, publicou Abrente (1922), Da vella roseira (1925) e Da agra aberta, contos e lêndas (1956), reeditada agora polo IEM; Follas novas editou recentemente os seus poemarios, inéditos ata entón, Abicedo e Cabrinfollas.