III Premio de Poesía Victoriano Taibo: 10 obras finalistas.
{youtube width=”200″ height=”160″}BpzPP0XlxCg{/youtube}
O xurado do III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns reuniuse o pasado 4 de setembro de 2010 para deliberar sobre os orixinais que, nun total de 43, se presentaron nesta convocatoria.
A participación non só foi abundante senón tamén de gran calidade, como sinalaron unanimemente os membros do xurado, feito que dificultou a decisión de distinguir un dos libro co galardón deste ano polo que, nesta primeira reunión deliberatoria, decidiron seleccionar dez finalistas para, en breves días, elixir un deles como gañador do certame. Os títulos das obras seleccionadas, relacionadas por orde de recepción dos orixinais, son os seguintes:
Outono en Alphaville
Aliens e nomades
Refuxio
Devastacións dispoñibles
Vilareda
O libro das mentiras
Galicia en bus
Código morse
Amnannese
Tardes malva
O gañador, cuxo nome e obra faranse públicos en breve, recibirá o premio co que está dotado este certame (3.000 € en metálico e unha peza escultórica de Fino Lorenzo) no transcurso dun acto que se celebrará a mediados de novembro, en cuxo momento será tamén presentado o libro gañador editado polo Instituto de Estudos Miñoranos.