Nunha emotiva cerimonia Calros Solla recibiu o IV Premio Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns.
{youtube width=”250″ height=”200″}kjO-bkFJIBc{/youtube}
O escritor Calros Solla recibiu o IV Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns nunha cerimonia celebrada na Escola de Guillufe o pasado sábado 12 de novembro. O gañador, autor de Holocausto Zacoe, obra premiada polo xurado, recibiu do presidente da Entidade Local de Morgadáns, Urbano Esmerode, unha escultura do autor miñorá Fino Lorenzo e mais un premio en metálico de 3000 euros.
O acto contou coa condución da escritora Marta Dacosta, quen recitou un poema case inédito do mestre Victoriano Taibo titulado Lembranza da tecedeira.
{youtube}qa-o5ym8_T4{/youtube}
A presentación do premio estivo a cargo de Miguel Anxo Mouriño, responsable en nome do IEM, da organización do certame.
{youtube}DJA9KgFJBcM{/youtube}
O poeta e escritor Calros Solla, tamén recitou fragmentos da obra gañadora, a que xa foi editada polo Instituto de Estudos Miñoranos.
{youtube}XCQx9atdv1w{/youtube}