• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Artigos

      • Inicio
      • Blog
      • Artigos
      • Presentación de Contos Pequenos na Casa das Campás de Pontevedra
      p61110-203951

      Presentación de Contos Pequenos na Casa das Campás de Pontevedra

      • Publicado por IEM
      • Categorías Artigos
      • Data 7 Novembro 2016
      • Comentarios 0 Comentarios

       

      PRESENTACIÓN DE CONTOS PEQUENOS

      O vindeiro xoves día 10 de novembro, ás 20:00 horas, organizado polo Ateneo, terá lugar na Casa das Campás de Pontevedra o acto de presentación do volume titulado Contos pequenos, un manuscrito inédito de Victoriano Taibo, consistente en oito contos, que o Instituto de Estudos Miñoráns acaba de sacar do prelo. No acto, presentado por Miguel Anxo Mouriño, participarán Xesús Alonso Montero, Camiño Noia Campos e Gonzalo Navaza Blanco, autores de senllos artigos que tratan diversos aspectos do texto.

      p61110-204229

      VICTORIANO TAIBO

       

      Victoriano Taibo García naceu en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1885 no seo dunha familia de clase media que rexía unha fonda no barrio da Algalia de Arriba, e morreu en Vigo o 13 de marzo de 1966. Estuda Maxisterio na Escola Nor-mal compostelá e dedicará toda a súa actividade profesional ao ensino, actividade que guiou a súa docencia por unha decena de escolas e localidades. Hai constancia da alta valoración que mereceu o seu labor docente en diversos lugares, incluído o do “des-terro” nunha vila de Valladolid despois do expediente de depuración e a sanción correspondente baixo a grave acusación de “galleguista”; pero as mostras máis evi-dentes proveñen de Morgadáns, a escola que máis tempo rexentou (1930-1950): pri-meiro, pola enorme cantidade de sinaturas recollidas para que fose reposto; logo, pola grande homenaxe que lle renderon os seus ex-alumnos en 1955, organizada po-los residentes en Montevideo; e finalmente polo cariñoso e respectuoso recordo que del gardaban os seus ex-alumnos e veciños que aínda vivían no ano 2008 en que o IEM organizou importantes actos de homenaxe á súa figura.

      A súa angueira cultural é longa, densa e variada, a pesar de que non deixou máis ca tres libros editados. Talvez a obra máis extensa sexa a que publicou en innúmeros periódicos e revistas do país e de fóra del, máis de corenta cabeceiras que recollen centos de artigos e poemas. Deu ao prelo en vida tres obras; dous poemarios; Abrente (versos galegos) (1922) e Da vella roseira, cántigas orixinás (1925), e unha obra narrativa: Da Agra Aberta, contos e lêndas (1955), todas elas con notable éxito.

      Taibo foi un persoeiro do mundo da cultura. Participou con entusiasmo na fundación das primeiras Irmandades da Fala, concretamente na da Coruña, a de Santiago e a de Ortigueira. Asinou o manifesto nacionalista de Lugo. Premiado en varias ocasións, membro da Real Academia Galega, do Instituto Histórico do Minho, do Seminario de Estudos Galegos; poeta, narrador, colaborador en prensa, conferenciante de éxito. Reclamado para participar nos máis diversos actos, para escribir prólogos, para par-ticipar en xurados, para colaborar en revistas. Pero era, sobre todo, un creador que seguía escribindo e que deixou inéditos unha presa de poemas, algúns xa en forma de libro, Abicedo e Cabrinfollas, que publicou en 2008 a editorial Follas Novas en edi-ción de Armando Requeixo. Pola súa parte, o Instituto de Estudos Miñoráns deu recentemente ao prelo dous manuscritos inéditos, Lembranza da Tecedeira e Contos pe-quenos e reeditou Da agra aberta.

      Como queda dito, foi condenado por galeguista, o que o fixo abandonar o seu acti-vismo político. Aínda así, seguiu practicando valentemente o seu galeguismo, esta vez estritamente cultural, durante o resto da súa vida, porque o galego que non fala na lingua da súa terra nin sabe o que ten de seu nin é merecente dela.

      OS CONTOS PEQUENOS

      No ano 1955 o doutor Antón Beiras García, oftalmólogo de gran prestixio interna-cional, recibiu un entrañable agasallo: un volume manuscrito que contiña oito contos populares aos que Victoriano Taibo lle dera forma literaria. O doutor, totalmente comprometido coa causa galeguista, teimaba en educar os fillos en galego e por esa época debía estar introducindo o primoxénito na lectura e escritura nesta lingua que carecía de material axeitado, polo que mercaba libros en portugués. A dobre condi-ción de mestre e escritor do académico, amigo seu, non debeu ser allea á súa decisión de escribir, encadernar e regalarlle ao médico aquela obriña única que titulou Contos pequenos, dedicada ao fillo Hixinio.

      O IEM ofrece agora este opúsculo na súa versión orixinal acompañado de catro ar-tigos de diversa índole; así, Hixinio Beiras Cal fala dos seus recordos daquela época; Camiño Noia Campos incardina os contos dentro do folclore internacional; Gonzalo Navaza Blanco fai un estudo do léxico e das expresións empregadas; e Xesús Alonso Montero cóntanos a historia externa do manuscrito. Leva, tamén, unha versión ac-tualizada (cun vocabulario, ao final, das palabras que, sendo galegas, non se atopan no dicionario da RAG) do texto dos contos coa dobre finalidade de facilitar a lectura do manuscrito e de que sirva como libro de lectura para cativos en idade escolar, ilustrado por Fino Lorenzo.

      Este volume, concibido como unha unidade, desmémbrase en tres libros que poden ser lidos independentemente, facilitándolle ao lector o uso que desexe facer da infor-mación aquí ofrecida. Conteñen, respectivamente, as partes comentadas máis arriba, é dicir, a edición facsimilar, o conxunto de artigos de acompañamento e a versión actualizada. Unha faixa envolvente que serve de portada do conxunto, deseñada igualmente por Fino Lorenzo, consegue a unidade antes mencionada.

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      8º XEIRA ALÉN MIÑOR TERRAS DE COVELO-ETNOGRAFIA, 3 de Decembro 2016
      7 Novembro 2016

      Siguiente publicación

      I Mostra de teatro afeccionado de Baiona
      16 Novembro 2016

      Tamén che pode interesar

      cartel premio taibo 2018
      O Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o Concello de Gondomar convocan o XI Premio de poesía Victoriano Taibo
      14 Abril, 2018
      captura de pantalla 2017-03-26 a las 12.23.38
      CONVOCATORIA X PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO
      26 Marzo, 2017
      v.t
      Presentación do Blog UN DÍA PARA TAIBO
      23 Decembro, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?