• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Artigos

      • Inicio
      • Blog
      • Artigos
      • Presentación do Blog UN DÍA PARA TAIBO
      v.t

      Presentación do Blog UN DÍA PARA TAIBO

      • Publicado por IEM
      • Categorías Artigos
      • Data 23 Decembro 2016
      • Comentarios 0 Comentarios

      O Instituto de Estudos Miñoráns está a desenvolver unha campaña para conseguir un Día das Letras Galegas para Victoriano Taibo, e nela insírese o inicio do blog que hoxe presentamos titulado, con esta intención, UN DÍA PARA TAIBO, no que iremos publicando todo tipo de documentos relacionados coas actividades que arredor da súa figura se realizasen nalgún momento pasado ou vaian realizarse no futuro. O acceso é a través do enlace existente na barra superior da páxina de Inicio:

      captura de pantalla 2016-12-23 a las 13.25.56

      Queremos animarvos a seguir os seus pasos e a participar, se vos apetece, achegando novas e opinións de interese para o fin que perseguimos. E queremos, tamén, someter á vosa consideración un resumo dos merecementos que adornan o noso persoeiro e que expomos a continuación:

      Nacido en 1885 no seo dunha familia humilde do santiagués barrio da Algalia, Victoriano Taibo estivo dende moi novo nos principais movementos culturais e galeguistas do primeiro terzo do pasado século; este mozo comprometido participou xa activamente, seguindo o seu admirado mestre Vicente Fraiz, director da

      escola normal, na consecución de recursos para erguerlle un monumento a Rosalía de Castro, xestións que acadaron un importante éxito. Máis tarde tivo unha substantiva actuación na creación e posta en marcha das Irmandades da Fala ás que tanto lles debemos os galeguistas de hoxe; en efecto, participou na creación da primeira delas, na Coruña, aquel 18 de maio de 1916, ten un papel substancial na fundación, o mesmo ano, da de Santiago, da que foi secretario baixo a presidencia do seu admirado e querido Lois Porteiro, cuxa morte cantou en sentidas e acendidas estrofas, fundou pouco despois a de Ortigueira, que presidiu, asinou o manifesto nacionalista de Lugo, creou escritos divulgativos, participou na formulación dun ensino galego, escribiu poemas de loita en defensa e promoción do movemento galeguista formando con Cabanillas, Noriega Varela e López Abente a tétrade de poetas das Irmandades, … Unha participación, pois, activa e combativa na que mesmo lle escribía a Manuel Antonio sobre unha pretendida sociedade secreta para defensa dos intereses galeguistas:

       

      Esta vai a sere a primeira actuación de R. Convén que se saiba axiña que R. existe, mais nós achantados, nin unha verba. Que nos coñezan polas obras.

      Despois dunha etapa de certo esmorecemento debido, entre outras cousas, ás divisións internas e á instauración da ditadura de Primo de Rivera, as ilusións renaceron co Partido Galeguista, etapa na que seguiu colaborando, mesmo con participación en mitins, ata que a rebelión militar eliminou definitivamente todas aquelas inquedanzas e el sentiu as gadoupas do estado ditatorial en forma de expediente disciplinario e desterro coa grave acusación de ser “galleguista”. Aínda así, seguiu practicando, valentemente, o seu galeguismo, esta vez estritamente cultural, durante o resto da súa vida, porque o galego que non fala / na lingua da súa terra / nin sabe o que ten de seu / nin é merecente dela.

      O seu monolingüísmo habitual en galego non era, nin moito menos, norma entre os galeguistas da altura (aínda hoxe dista moito de selo); téñase en conta que o idioma de relación oral e escrita entre os membros da Real Academia Galega era o castelán, os discursos de entrada e a resposta eran en castelán, a documentación toda estaba impresa en castelán, as cartas que o presidente ou o secretario lles remitía aos académicos eran, case sempre, en castelán. Taibo, que tiña moi claro o transcendente papel do intelectual galeguista, rompeu esta tendencia cun importante discurso de entrada (Rosalía de Castro, precursora da fala) en galego. E a súa lingua de relación oral e escrita foi maioritariamente a galega.

      Por outra banda, a súa obra, publicada ou non en vida do autor, en forma de libro está escrita integramente en galego: Abrente, versos galegos (1922), Da vella roseira, cántigas orixinás (1925), Da agra aberta, contos e lêndas (1956) e por último, rescatados recentemente, Abicedo e Cabrinfollas (2008), da man de Armando Requeixo en Editorial Follas Novas,  Lembranza da tecedeira (2013) e Contos pequenos (2016), ambos os dous editados polo IEM. Taibo publicou tamén en corenta cabeceiras máis de cen poemas diferentes, algúns recollidos nos libros citados, en galego. Colaborou tamén con máis de cen escritos en prosa dos que non poucos están en castelán, pagando así o prezo que a época e as circunstancias impuñan a quen quixesen colaborar en xornais e revistas. Non obstante, unha ollada a estas publicacións infórmanos inmediatamente de dúas cousas: primeira, que os escritos na nosa lingua son tamén abundantes, e segundo, que os temas tratados están na súa inmensa maioría relacionados coa lingua, a cultura ou os persoeiros galegos. Non quero esquecerme da repercusión da súa personalidade no mundo literario de boa parte do século pasado, con obra recollida en, polo menos, oito antoloxías e cunha bibliografía xerada sobre el, as súas obras e o seu pensamento por medio cento de autores en máis de cen escritos en diferentes medios ou formando parte de libros. E, recentemente, foi quen de mobilizar unha morea de sensibilidades de diferentes espazos, ideoloxías e profesións e xunguilas na tarefa de rescatar o seu nome do esquecemento, facerlle unha emotiva homenaxe na Escola de Guillufe, en Morgadáns, onde impartira docencia durante tantos anos, editar ou reeditar varias das súas obras ademais dun monográfico con artigos de prestixiosas persoas do mundo da cultura sobre a súa vida e obra, instituír un importante premio de poesía que leva o seu nome e, xa na súa novena edición, é referencia obrigada para os poetas actuais…

      Así as cousas, consideramos de xustiza reivindicar a necesidade de distinguir a este personaxe de tan altos merecementos coa dedicación dun Día das Letras Galegas, distinción que, estamos convencidos, se producirá máis cedo que tarde.

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      2º Premio Telearqueoloxía 2016: Equus ferus atlanticus
      23 Decembro 2016

      Siguiente publicación

      FALADOIROS «Galicia 2017-2020»
      31 Decembro 2016

      Tamén che pode interesar

      cartel premio taibo 2018
      O Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o Concello de Gondomar convocan o XI Premio de poesía Victoriano Taibo
      14 Abril, 2018
      captura de pantalla 2017-03-26 a las 12.23.38
      CONVOCATORIA X PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO
      26 Marzo, 2017
      captura de pantalla 2016-12-15 a las 23.46.07
      Acto de entrega da 9ª edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo
      15 Decembro, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?