• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Artigos

      • Inicio
      • Blog
      • Artigos
      • Ramón Sandoval recibiu o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns.
      DSCF3655

      Ramón Sandoval recibiu o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Artigos
      • Data 25 Novembro 2013
      • Comentarios 0 Comentarios

      Coa presenza de membros da familia do mestre  Victoriano Taibo, autoridades da ELM de Morgadáns e o Concello de Gondomar tivo lugar o pasado sábado a entrega ao escritor Ramón Sandoval dos galardóns correspondentes á VI edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns, pola súa obra Territorio Estraños. A gala cultural que deu marco ao acto contou cunha gran asistencia que encheu o local da Escola de Guillufe, onde Taibo desenvolveu boa parte do seu maxisterio na parroquia.

      Gala Cultural na Escola de Guillufe

      Conducido pola escritora Marta Dacosta, como é tradición o acto comezou coa intervención do grupo tradicional de música de Morgadáns, Balcón do Miñor. Deseguido a tamén escritora Elvira Riveiro desenvolveu un coloquio sobre a vinculación de Victoriano Taibo coa obra de Rosalía de Castro. A continuación a lírica Dania D’Dafonso, foi protagonista dun emotivo recital rosaliano que rematou cunha interpretación a capela de Negra Sombra.  Finalmente o grupo de teatro local Bertorella escenificou o conto de Taibo “O Can de San Roque”. Magnífica intervención que foi fondamente apreciada polo seu humor e forza interpretativa deste grupo que xurdiu con motivo da V edición do premio en 2012.

      Urbano Esmerode: Un Día das Letras Galegas para Victoriano Taibo.

      “Seguiremos apostando polo Victoriano Taibo” afirmou Urbano Esmerode, presidente da ELM de Morgadáns, momentos antes de facer entrega dos 3.000 euros con que a entidade premiou a Ramón Sandoval. Sen ben recoñeceu as dificultades económicas polas que atravesa a súa administración e moitas familias da parroquia, aseverou que só o feito de participar dunha velada onde os veciños foron en todo sentido os protagonistas da gala, valía o esforzo de seguir adiante. Como en anos anteriores, Esmerode manifestou a súa certeza de que proximamente o mestre de Morgadáns será recoñecido cun Día das Letras Galegas.

      Entrega de premios a Ramón Sandoval

      Visiblemente emocionado, o galardoado co VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns, Ramón Sandoval, agradeceu ao xurado e ao IEM polo veredicto. Antes de proceder á lectura dalgúns dos textos de Territorios Estraños, manifestou a súa certeza do valor das obras dos outros finalistas do certame, aos que dedicou o premio. De mans de Urbano Esmerode, recibiu a escultura de Fino Lorenzo que dende os inicios do certame premia aos gañadores, o libro Territorios Estraños publicado polo IEM, máis o premio en metálico.

      Agradecementos do IEM

      O mestre Miguel Anxo Mouriño, coordinador do evento, salientou en nome do IEM o traballo dos membros do xurado que de xeito altruísta traballaron a reo na lectura, selección e veredicto final do certame. Gabanza que tamén abrangueu a todas as persoas e colectivos que fixeron posible a gala cultural na Escola de Guillufe. Agradecemento especial para a Adega Val Miñor – Ébano que achegou o viño co que se acompañou o albaricoque que tivo lugar ao finalizar o acto.

      Intervención do alcalde de Gondomar.

      O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián pechou a gala cun breve discurso no que agradeceu á ELM Morgadáns e ao seu presidente, Urbano Esmerode, pola  importante labor de mecenas que nestes “tempos difíciles” mantén cara a un premio que segundo as súas palabras “hoxe é un referente cultural” en toda Galicia.

      Edición do libro  Territorios Estraños, de Ramón Sandoval

      , xa se pode adquirir cun prezo de 10 euros, na súa versión impresa editada polo Instituto de Estudos Miñoranos na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), de luns a venres de 18 a 22 horas. Tamén pode solicitarse a través do correo oficina@minhor.org ou no teléfono 986 360 575 no mesmo horario.

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Presentación da revista ADRA e visita dos socios do MPG ao Val Miñor.
      25 Novembro 2013

      Siguiente publicación

      Presentación do libro de Pepe Álvarez “Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)”.
      26 Novembro 2013

      Tamén che pode interesar

      cartel premio taibo 2018
      O Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o Concello de Gondomar convocan o XI Premio de poesía Victoriano Taibo
      14 Abril, 2018
      captura de pantalla 2017-03-26 a las 12.23.38
      CONVOCATORIA X PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO
      26 Marzo, 2017
      v.t
      Presentación do Blog UN DÍA PARA TAIBO
      23 Decembro, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?