O Instituto de Estudos Miñoráns ten unha longa tradición de estudo, conservación, defensa e divulgación da arte rupestre e dos garranos dos montes do Val de Miñor. Con EQUUS quixemos unir e estruturar nun só proxecto estes camiños paralelos pero complementarios. xUn dos nosos suxeitos de estudo son os garranos ou burras do monte que viven ceibes nos montes de Galicia e no norte de Portugal, tamén por todo o setentrión ibérico con distintas circunstancias xeográficas, administrativas, medioambientais, etc.

O outro pé do proxecto é o estudo da arte rupestre con representación de équidos no sur da provincia de Pontevedra e o norte de Portugal, proxecto co que levamos traballando máis de dez anos.
Tamén estamos traballando na análise xenética dos garranos da Serra da Groba, coa colaboración de David Posada e o seu equipo, xenetista da Universidade de Vigo.

As vertentes etnográfica, reivindicativa/burocrática e arqueolóxica teñen continuidade natural no campo da divulgación a través de publicacións, conferencias, visitas guiadas e vinculación ó mundo do ensino dentro da liña máis xebre, esburga do ser do Instituto de Estudos Miñoráns.

Últimas publicacións

Últimas publicacións
Tres investigadores do IEM presentan en Italia os resultados do Proxecto Equus
IEM
6 Setembro 2018

Tres investigadores do IEM presentan en Italia os resultados do Proxecto Equus

Eloy Martínez, Xosé Lois Vilar e Xilberte Manso, membros da sección de arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), presentaron onte algunhas xoias da arte rupestre do sur da provincia de Pontevedra e do norte de Portugal no XX Congreso …

Ver máis
IEM
1 Xullo 2018

MATERIAIS REXISTRADOS E CATALOGADOS NA BIBLIOTECA NO MES DE XUÑO DE 2018

MATERIAIS REXISTRADOS E CATALOGADOS NA BIBLIOTECA NO MES DE XUÑO DE 2018 Nº REXISTRO SIGNATURA TITULO AUTORIA PRINCIPAL AUTORIA SECUNDARIA EDITORIAL ANO PUBLICACION MATERIAL 3686 913 C. de S./CON/con Actas del II Congreso Internacional de Estudios Jacobeos : rutas atlánticas …

Ver máis
Semana 12-18 de febreiro.
IEM
18 Febreiro 2018

Semana 12-18 de febreiro.

IEM Proxecto EQUUS Laxe da Coutada Taboexa TVG A revista Emisión do 15 de febreiro de 2018 no programa “A REVISTA” da TVG dando conta do achado dunha das mellores superficies gravadas da arte rupestre galega na LAXE DA COUTADA, …

Ver máis
IEM – PROXECTO EQUUS: A LAXE DA COUTADA (TABOEXA, As Neves)