“A nosa Historia. As aventuras de Mociño.” O Val Miñor dende a Prehistoria até o século XXI.
“Ola! Chámome Mociño, son de Camos e vouvos contar a historia da Historia”. Mociño, un rapaz da parroquia de Camos (Nigrán) convídanos a percorrer a historia do Val Miñor dende o Paleolítico até o século XXI.
{jathumbnail off}
Guión e proxecto: Xosé Lois Vilar (IEM)
Deseño e maqueta: Manoel Santos (Edicións do Cumio)
Debuxos Pepe Carreiro (Mociño) e Francisco Boluda (Prehistoria)
Descarga: Tipo de arquivo: PDF (Poden imprimirse a calquera tamaño de folio)
Orixinal: Conxunto de 21 carteis (780,3 x 1.176,2 mm)
Antecedentes: Material exposto na Semana da Cultura Galega no CEIP Da Cruz da parroquia de Camos (Nigrán). Do 18 ao 21 de maio de 2004.
Contido:
0- Capa
1- O Paleolítico. “Os primeiros homes no Val Miñor”.
2-O Neolítico. “Agricultores e Gandeiros”
3-O Calcolítico. “As mellores imaxes gravadas en pedra do mundo”
4-O Período Castrexo. “O castriño das Baleazas”.
5-A Romanización. “A chegada do invasor”.
6-Os Suevos. “Esperando ós bárbaros”
7-A Idade Media I. “Alta Idade Media”
8-A Idade Media II. “Trobadores, xograres e soldadeiras”.
9-A Idade Media III. “Trobadores, xograres e soldadeiras”.
10-Os Irmandiños. “Esbarrullando Fortalezas”.
11-O Século XVI. “A Gran Baiona”.
12-O Barroco. “Pedra e madeira feitas arte”.
13-Mosteiros e Pazos. “Frades, Foros, Fidalgos e Labregos”.
14-Liberais, Carlistas e Absolutistas. “A trabucazo limpo”.
15-Comeza o Século XX. “Baiona, conserveiros e turistas”.
16-Primeiro Tercio do Século XX. “Tempos de Mudanza. Campesiños propietarios, conserveiros e emigrantes.
17-Século XX, até 1939. “A Nena Bonita e o Terror”.
18-Século XX, até 1960. “A Longa Noite de Pedra, fame e medo”.
19-Século XX, até 1975.”A Dourada Europa”.
20-De 1975 até o Século XXI. “Réxime actual”.
Preme na imaxe para descargar
Etiqueta:Historia Val Miñor, Mociño, Prehistoria Val Miñor