Xornadas educativas “ A arte rupestre como recurso didáctico”
Este xoves remataron as xornadas ” A arte rupestre como recurso didáctico” realizado a través dun convenio de colaboración entre o IEM ( Instituto de Estudos Miñoranos) e CFR de Vigo ( Centro de Formación e Recursos de profesorado). Baseadas estas xornadas nun proxecto de desenvolvemento realizado a través dun proxecto intercentros ” A arte rupestre e a súa aplicación na aula” no CEIP de Barrantes, Ceip Humberto Juanes, CEIP da CRUZ e Centro Juan María.
Un total de 25 mestres de distintos centros educativos de infantil, primaria e secundaria participaron nestas xornadas que constaron tres ponencias ( María Lemos, Xosé Lois Vilar e Elisa Pereira ) e unha saída didáctica ao local do IEM e a estación de arte rupestre Outeiro dos Lameiros en Baiona con Xosé Lois Vilar e Bruno Centelles.