Unha fecunda idea
Foi no 2003 cando dende o Instituto de Estudos Miñoranos promovemos o primeiro libro de fotografías acompañados de textos, foi Imaxes para a memoria. Daquela decatámonos de que un libro destas características tiña que xuntar deseño atractivo e calidade de impresión, xa que ademais do valor da salvagarda das imaxes debería converterse nun libro-obxecto, no mellor senso da expresión, nun libro agasallo, nun libro que espertase o desexo de conservalo para sempre. No 2004, realizamos, aumentando substancialmente o anterior, o dedicado a Baiona, que se rematou chamando Baiona, nas ondas do tempo. Ao ano seguinte veu o lume Gondomar, o son do río, de similar en extensión e concepción ao anterior.
Despois dos tres volumes iniciais, estas iniciativas detivéronse durante un tempo ata que no 2009 a Asociación Novos Aires de Couso achegouse ás nosas propostas para facer o titulado Memorias de Couso. No comezo do remate festeiro de 2010, tivemos nas nosas mans Morgadáns, o andar da pedra, impulsado pola Asociación Cultural San Roque. E agora, na resaca festeira e no albor do novo ano podemos agasallar os nosos ollos con estas imaxes, as nosas mentes con fermosas palabras e o noso tacto ao poder acariñar estas Lembranzas de Peitieiros promovidas pola Comunidade de Montes de Peitieiros que recolleu a idea inicial do Centro Cultural e Recreativo desta parroquia.
Dende o Instituto de Estudos Miñoranos estamos moi ledos que hoxe o Val Miñor teña xa unha extensa colección de seis volumes coidadosamente de editados nos que se recollen varios centos de imaxes do pasado acrecentadas con textos que combinan información, achega etnográficas, estampas costumistas ou creacións literarias.
Que continúe!

Etiqueta:imaxes da memoria