Contos saharauís en galego
Mañá venres os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras serán recibidos no IEM para facer entrega duns agasallos, e presentar o conto saharauí gañador. Algúns destes nenos e nenas compartiron con nós os seus contos de tradición oral para traducilos á nosa lingua galega ( “Río de bágoas”, “ Hadala”, “ A manta da jaima”, “O paxariño da jaima e as tres nenas”, “ Os tres irmáns e o mendigo” ) Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:30h.