Presentación da REM, o venres 1 de xullo na Casa da Misericordia de Baiona
O venres 1 de xullo, ás 20:00h na Casa da Misericordia en Baiona, presentarase a revista REM do Instituto de Estudos Miñoráns.
O acto contará coa colaboración e actuación de alumnas do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar e a intervención de Xulián Maure Rivas, director do IEM, Anxo Rodríguez Lemos, Xilberte Manso de la Torre, Marta Dacosta e Gonzalo Navaza, que farán unha breve presentación das súas colaboracións. Presenta o acto María Lemos Cerqueira.
Neste número de REM recóllense tamén artigos dos catedráticos Historia da Universidade de Santiago de Compostela, Ofelia Rey Castelao e Gerardo Pereira Menaut (+). Hai ademais colaboracións de Antonio Valverde (+) e Natalia Jorge; un fermoso traballo sobre os fentos do Val Miñor, asinado por Alfredo López, Afonso Rodríguez e Xosé Ramón García.
O apartado Especial Arte está dedicado a artista baionesa Lula Goce. Traballos de Ramón Chao Rego (pai de Manu Chao), Anxo Ratel, Fino Lorenzo, Xosé Mª Álvarez Cáccamo e Marta Dacosta completan o contido desta entrega da revista REM, na que nas primeiras páxinas Fino Lorenzo xustifica o novo logo do IEM.