A fotografía de BRUNHEIRA no 2º Encontro de Fotografía Dixital de Gondomar exponse no IEM.
Dentro dos 2º Encontros de Fotografía Dixital DOMINGO PÍO QUINTAS NÚÑEZ 2011 organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar, o próximo venres 17 de xuño de 2011 ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) inaugurárase a exposición “PASEANDO” do fotógrafo BRUNHEIRA. A exposición permanecerá aberta ata o 30 de xullo. Ao remate tomaremos uns petiscos.
Achegamos (.pdf adxuntos) tamén as Bases para a participación na PROXECCIÓN DE FOTOGRAFÍA DIXITAL EMERXENTE SOBRE DISTINTAS FACHADAS Ó AR LBRE que terá lugar entre o venres 1 e o sábado 2 de xullo e entre o venres 8 e o sábado 9 de xullo de 2011. Tamén a Bases para participar no MARATÓN DE FOTOGRAFÍA DIXITAL que terá lugar o sábado 25 de xuño e na EXIBICIÓN que se celebrará o sábado 9 de xullo.