• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Sala Exposicions 2009 - 2016

      • Inicio
      • Blog
      • Sala Exposicions 2009 - 2016
      • ARGUMENTO(S) PARA UNHA FARSA. REFLEXIÓNS.
      manufactura-pazo

      ARGUMENTO(S) PARA UNHA FARSA. REFLEXIÓNS.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Sala Exposicions 2009 - 2016
      • Data 27 Xuño 2012
      • Comentarios 0 Comentarios

      Como consecuencia das conversas mantidas con ela, de ter percorrido a unha velocidade pertinente o desordenado estudio-obradoiro no que traballa, de observar durante longo tempo a obra que produce, de meditar sobre algunhas percepcións miñas e outras tantas certezas, cheguei á conclusión de que ROSALÍA PAZO precisa dun tempo lento para traballar; de que ama e goza coa xestación e procesado de cada unha das partes da obra durante un tempo tan imprescindible para ela coma o aire que, a intervalos constantes, lle inunda os pulmóns. Estou convencido de que aquel tempo de pescuda, maduración, elaboración e perfeccionamento da obra que tanto necesitaba e atormentaba a Beethoven, na distancia, é compartido en silencio por Rosalía. Se ben, a ela, non sei se a atormenta.

      Teño a convicción de que as pezas, bidimensionais e tridimensionais, que esta escultora termina por formalizar proveñen dunha longa e atenta observación, quizais non sempre consciente, do contexto físico-social da época na que lle tocou vivir. Unha época axitada, tecnificada, intervida, desequilibrada, de grandes avances científicos, interesada… e interesante, observada a través de ollos calmos e escrutadores. Ollos atentos ás xentes, aos procesos, ás mensaxes – tamén ás que chegan en forma de libro -, á natureza… ao espazo. Estas son, ao meu entender, parte esencial das fontes e vehículos que abastecen a fabrica de soños que é Rosalía Pazo. Con todo isto a escultora elabora, dentro do campo da arte, pezas que, para seren totalmente completas, necesitan inexorablemente a achega intelectual do espectador. Pezas onde a parte obxectual queda orfa, incompleta, sen a debida atención ao parágrafo conceptual. Pezas que a pesar do alto interese que poidan mostrar en si mesmas, como, por exemplo, sucede coas magníficas texturas visuais, e mesmo físicas, das obras tridimensionais en cartón da súa última etapa, ou coas impactantes xeometrías de redes da obra bidimensional, as cales propoñen analoxías con fitozoos e microalgas, estarían inacabadas sen a compoñente crítica, satírica, burlesca, reflexiva, ou mesmo de sinxelo xogo, no que xeralmente se insiren. Rosalía, maniática, precisa, e delicada, gusta de incorporar a escrita ás obras, introduce códigos semánticos, e faino de maneira que funcionen como parte estruturante, como unha ferramenta de reflexión máis; por veces a linguaxe de signos tínguese de poética.

      Convido ao lector a someterse á pracenteira interpretación das metáforas ideadas pola escultora, a mergullarse no esforzo intelectual sen escusas suxerido, a entrar nun mundo físico-conceptual de límites difusos que, en todo caso, invitan a ser explorados. É absolutamente necesario penetrar nese labirinto de propostas e, xa dentro, topar a porta que nos traslade ao espazo das emocións.

      Tamén o convido a que se enfronte e observe fragmentos conxelados no tempo e no espazo dunha irónica obra teatral, a ver pinturas de imaxinados microorganismos, a ler mensaxes rotuladas con escollidas tipografías, e a contemplar volumétricas pezas, en cartón, de meticulosa elaboración; sempre, deixándose guiar pola intuición. Sempre, sen pre-xuízos.

      Argumento(s) para unha farsa pode visitarse na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira nº 10, en Gondomar, ata o 6 de xullo, en horario de 19 a 21 h. de luns a venres.

       

      Etiqueta:Rosalía Pazó

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Convocatoria ao acto da Homenaxe ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón.
      27 Xuño 2012

      Siguiente publicación

      Curso da UMP en Gondomar: "Dende o balado ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas"
      27 Xuño 2012

      Tamén che pode interesar

      captura de pantalla 2016-09-23 a las 00.44.28
      Móllate polos ríos 2016
      22 Setembro, 2016
      Diapositiva3web
      Escolma de exposicións 2009 – 2016
      18 Abril, 2016
      24_1
      “Traveseo. Pragmatismo de Alfonso Soliño Troncoso
      21 Marzo, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?