• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Sala Exposicions 2009 - 2016

      • Inicio
      • Blog
      • Sala Exposicions 2009 - 2016
      • Exposición de María Moreira. Trinta anos de moda galega
      maria_moreira

      Exposición de María Moreira. Trinta anos de moda galega

      • Publicado por IEM
      • Categorías Sala Exposicions 2009 - 2016
      • Data 7 Abril 2010
      • Comentarios 0 Comentarios

      DO 15 DE ABRIL AO 14 DE MAIO
      Comisariado: Rosalía Pazo Maside, Colaboracións: Andrea Moreira, Jesús Valmaseda e Escola de Moda da Universidade de Vigo
      HORARIO Luns a venres de 19 a 21 h.
      AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS Avda. da Feira, 10 Gondomar

      A exposición María Moreira. Trinta anos de moda galega, tenta amosar unha síntese da traxectoria profesional dunha das figuras máis destacadas do deseño de moda realizado desde Galiza. A mostra está estruturada en torno a tres liñas argumentais:

      Un percorrido visual polas diferentes etapas que atravesa o traballo da deseñadora, afectado pola propia evolución profesional, pero tamén polos condicionamentos que sufre e modifican o mundo da moda. 

        Os comezos: a iniciativa dunha  moza decidida, traballadora incansable, que emerxe sen formación especializada ao deseño e consegue instalarse de seu nun ámbito de dominio masculino.

        Os oitenta: o momento estelar da moda galega; a década por excelencia de proxección pública da moda española e dos seus protagonistas, coa complicidade institucional e a receptividade dun público seducido pola estética do efémero, polo “glamour” do consumo. É a época do triunfo da imaxe sobre as ideoloxías, do gusto polo inmediato e o hedonismo sobre as ideas e actitudes transcendentes. Nun clima de dinamismo cultural, que en Vigo e Madrid adopta o nome de “movida” como marca local, a moda estreita os lazos coas diferentes artes nun obxectivo común presente no ambiente do momento: a popularización da “alta cultura”. María Moreira combina sen reparos cores e xeometrías  nos seus audaces deseños de punto tricot e desenvolve a liña téxtil “Convencional” de roupa sofisticada para vestir polas rúas.

        Como último tramo, os anos subseguintes: anos nos que a globalización do mercado e a imposición das grandes producións comerciais transforma a industria da moda, deixando para o deseño de calidade unha marxe de acción constrinxida e difícil. Substituíndo ao ambiguo e controvertido termo “posmodernidade”, os efectos do capitalismo mundial sobre as sociedades atopan definición certeira no máis descritivo “globalización”, que ao igual que designa a desaparición de fronteiras comunicativas, comporta concentración de poder nas multinacionais e perda de capacidade de captación de consumidores para aqueles produtos non amparados polas grandes marcas e os baixos custes de produción. Así, desde mediados dos anos noventa, o proxecto de M.M. vese sacudido por unha dura e continua loita por facer compatible a calidade do deseño achegado pola súa experiencia coa permanencia da pequena empresa que dirixe.

      1. Explicación do proceso de deseño que precede ás fases de produción e comercialización. Bosquexos, patróns, mostras de tecidos, fornituras, debuxos de motivos decorativos, fotografías  das prendas xa montadas –realizadas como documentación para o arquivo da empresa-, carpetas de promoción, etc., ofrecen ao público unha aproximación á complexa actividade que se desenvolve nun taller de deseño.
      1. Un apartado de contido documental que, a modo de sección de “sociedade”, a través de fotografías, entrevistas, artigos e reportaxes de prensa e televisión, dan conta da proxección pública que acompañou os diferentes momentos da carreira profesional da deseñadora e reflicten o tratamento que recibe o deseño de moda nos medios de comunicación.

      Os inconvenientes que supoñen para unha exposición retrospectiva as limitacións de espazo quedan salvados pola utilización de imaxes de arquivo en soporte audiovisual, ampliando de xeito significativo a información sobre os máis de 30 anos de traballo desta deseñadora, oriúnda de Vilaza, Gondomar, lugar no que hoxe reside e traballa.

      Etiqueta:María Moreira

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Audioteca do IEM
      7 Abril 2010

      Siguiente publicación

      Tertulia con Belén Regueira
      8 Abril 2010

      Tamén che pode interesar

      captura de pantalla 2016-09-23 a las 00.44.28
      Móllate polos ríos 2016
      22 Setembro, 2016
      Diapositiva3web
      Escolma de exposicións 2009 – 2016
      18 Abril, 2016
      24_1
      “Traveseo. Pragmatismo de Alfonso Soliño Troncoso
      21 Marzo, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?