Imaxes da inauguración da exposición Conservar a Memoria na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
O venres 9 de setembro ás 20:30h. na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) tivo lugar a inauguración da exposición Conservar a memoria do fotógrafo Chas.
No acto inaugural ademais do autor estivo presente o director do Museo do Mar, Pablo Carrera. A exposición é resultado do proxecto promovido polo Museo do Mar de Galicia en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos, estamos a falar da creación e posta en marcha das Bolsas de Creación Fotográfica “O Mar”, que pretenden promover novos talentos en creación fotográfica partindo dun proxecto previo, necesariamente anovador, que fixa uns obxectivos que mediante o traballo de campo fotográfico plasmaranse nunha exposición.
A primeira bolsa foi concedida a José Romay. O seu traballo No grande azul expúxose na sala Ponte de Rosas no pasado mes de xullo. Agora podermos gozar da exposición, que resultou da segunda das bolsas concedida a Chas, denominada Conservar a memoria, un proxecto xurdido da necesidade de rescatar unha parte da nosa historia e do noso patrimonio, esa parte onde iniciamos o noso camiño como sociedade moderna e industrial, centrándose nas vellas fábricas de conserva
Xosé Anxo Fontenla Chas, naceu en Pontevedra en 1976, licenciouse en Belas Artes, na especialidade de Escultura e especialízase en Fotografía de Arquitectura no IEFC. Dende 2003 participou en varias exposicións colectivas. Esta é a súa terceira exposición individual. Podedes visitar a súa web http://www.jfchas.com
A exposición permanecerá aberta na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar), sede do Instituto de Estudos Miñoranos, ata o 14 de outubro en horario de 19h. a 21h. de luns a venres.
{youtube}4TZkJsdbEDc{/youtube}