Inauguración da mostra ORBITANDO, de Jesús Valmaseda.
‘ORBITANDO’ fai referencia ao estado deinercia da sociedade global. A un deixarse ir circularmente á deriva,magnetizada -a sociedade- por unha situación hipnótica que ameaza co colapso.
Jesús Valmaseda fala dun orbitararredor de nós mesmos, instalados na pasividade que xera a asunción daimpotencia; e toma como elemento simbólico desa idea a cidade, xérmolo dun ente hipertrófico que ten o seu plenodesenvolvemento nas macro-cidades actuais, nas que el recoñece a imaxe perfectada deriva cara a autodestrución.
A cidade como manifestación palmaria dunha ocupación invasiva, dunha concentración de artificiosen continua expansión, na que toda proporcionalidade e relación equilibrada comedio desapareceu. A cidade como hóspede que agrede ao anfitrión e así seautoaniquila.
As mega-cidades como buratos negros que absorben toda a enerxía, que todo o devoran edevolven só refugallos en deposicións diarreicas, sen intervalo, sen tregua.
A cidade como paradigma de vulnerabilidade; expresióndramática dun organismo enteiramente dependente.
A cidade expandida que en suxestivasimaxes nocturnas de satélite semella o “lucerío” dunha verbena planetaria, unhafesta popular que apuramos masivamente antes de que o corto-circuíto xeralanunciado poña o final definitivo.
Varias das pezas de escultura quepresenta na sala de exposicións do Instituto de Estudos Miñoranos, en Gondomar,son aglomeracións de pequenos elementos de madeira (o material principal, maisnon o único) dispostos de xeito que suxiren fragmentos de espazos urbanizados een crecemento, presentados desde unha perspectiva aérea ou lonxana. Valmasedaalude a este aspecto dicindo que pretende suxerir a visión distante dun “deus”indolente, na que o demiurgo sería a Humanidade posuidora de amplos saberes etecnoloxía; ateigada de coñecemento que, porén, máis que solucións, xera parálise.
Noutras obras emprega materiais comometacrilato e lousa, cartón e aceiro inox; ou tea asfáltica, metacrilato e luzasomando nun bidón para o lixo. E emprégaos tentando o diálogo ou aconfrontación das cualidades estéticas, mais procurando, a través das relaciónsque van establecendo, a suxestión de sentido.
A exposición estará aberta desde o 15 de novembro de 2013 ata o 7 defebreiro de 2014, en horario de 19 a 22 h (luns a venres) na Aula e CulturaPonte de Rosas. Avenida da Feira nº 10. Gondomar.