O fotógrafo Enrique Touriño presentará a obra de Miguel Vázquez na inauguración do WORK IN PROGRESS.
O prestixioso fotógrafo Enrique Touriño (veciño de Gondomar), será o encargado da presentación da exposición WORK IN PROGRESS, do plástico Miguel Vázquez, que terá lugar o vindeiro venres 30 de marzo ás 20:30 na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Ademais da súa abondosa carreira profesional, destácase na figura de Touriño, o feito de ter rexistrada a través da súa cámara o fío da obra de Miguel Vázquez ao longo destes anos.
Convidamos a visitar a web profesional do fotógrafo. Preme aquí.
Etiqueta:Enrique Touriño, Miguel Vázquez, Work in progress