• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Sala Exposicions 2009 - 2016

      • Inicio
      • Blog
      • Sala Exposicions 2009 - 2016
      • ‘ORBITANDO’. Exposición de Jesús Valmaseda no Instituto de Estudos Miñoranos.
      mundo-aburatado-e-oito

      ‘ORBITANDO’. Exposición de Jesús Valmaseda no Instituto de Estudos Miñoranos.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Sala Exposicions 2009 - 2016
      • Data 20 Xaneiro 2014
      • Comentarios 0 Comentarios

      -Artigo da artista plástica Rosalía Pazo sobre a exposición ORBITANDO de Jesús Valmaseda que estase a expoñer na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

      O Instituto de Estudos Miñoranos é un organismo independente e autoxestionario dedicado ao fomento e divulgación de labores investigadoras en todos os ámbitos da cultura, en especial da que atinxe directamente á comarca do Val Miñor. Coa dificultade e, talvez, o aliciente de traballar desde a ‘periferia da periferia’ dos circuítos artísticos, o programa expositivo do I.E.M.  esfórzase por atraer propostas de interese que complementen a súa actividade central coa exposición de arte de calidade que estea a facerse en Galiza, prioritariamente –mais non en exclusiva- na contorna próxima. Para iso ven contando coa colaboración de artistas que simpatizan co proxecto. Desta volta, é o escultor Jesús Valmaseda quen amosa a súa última produción na Aula de Cultura Ponte de Rosa.

      Os antecedentes temáticos da actual exposición sentábaos Valmaseda na súa individual de 2000 en Espacio para el Arte de Caja Madrid, en Pontevedra. Co título ‘Arquitectura da desolación’ Ángel Cerviño aludía no texto do catálogo ás construcións de chapa de ferro e planchas onduladas de fibrocemento coas que o escultor facía referencia simbólica á casa como máxima representación do sistema de dependencias humanas, como espazo que concentra e acubilla desexos e temores e que nos últimos tempos veu derivando, en expresión do propio Valmaseda, na ‘trampa’ por excelencia dunha sociedade obsesionada cunha idea de ‘seguridade’ cimentada na posesión.

      Aquelas pezas de escultura representaban habitáculos herméticos, sen portas nin ventás, que máis que espazos para morada e refuxio dos desexos suxerían encerro, encarceramento de todo proxecto vital de futuro. Hábitats claustrofóbicos que falaban de vidas a esgalla hipotecadas por un espellismo de “prosperidade.

      Os títulos dalgunhas obras facían referencia á precariedade na que se asentan os anhelos inducidos pola mercadotecnia do benestar. Así, ‘Ataúd’: casa-cadaleito; ‘Riada’: grupo de casas inclinadas pola base, semiafundidas no seu reflexo invertido na pulida superficie de aceiro inox, flotando á deriva, arrastradas pola corrente da burbulla inmobiliaria; ou ‘Progreso’: pequenas e toscas casas talladas en cartón, amoreadas ao pé de maxestosas construcións de ferro e fibrocemento, representando a convivencia de dous fenómenos insultantemente opostos: arquitectura espectacular e chabolismo.

      Anos máis tarde, na exposición ‘5 Visións desde os 90’, celebrada en 2008 no Centro Torrente Ballester de Ferrol, unha obra en proceso de Valmaseda (numerosas casas de ferro e fibrocemento dispostas na parede formando unha gran espiral expansiva) volvía incidir simbolicamente nas consecuencias devastadoras da voráxine construccionista e da confianza e optimismo desmesurados nun futuro estable. O seu título, ‘Borrasca’ (2000-2008), aludía á inminencia das turbulencias prognosticadas.

      Se na serie anterior o artista ofrecía unha visión crítica a pé de terreo, desde a cercanía dunha problemática que afecta directamente aos individuos, agora, en ‘Orbitando’, traslada o punto de vista a unha perspectiva distante e totalizadora, pondo o foco nese endeusado afán “urbanizador” que interpreta o planeta como soar integral, predio e feudo do xénero humano. E se antes apuntaba ao previsible desvalemento –véxase desafiuzamento- de moreas de persoas engaioladas por cantos de serea, hoxe, cando o previsible tornouse realidade, fala de marasmo social ante a dinámica, tan destrutiva como suicida, dun crecemento sen límites ligado ideolóxica e estratexicamente á idea de “progreso”. Estamos atrapados, témonos convertido en súbditos da nosa propia incapacidade para rebelármonos, para xerar vida non troquelada[1], escribía Ángel Cerviño verbo das suxestións da serie de Valmaseda ‘Presión’,  de 1992.

      Así, tal como explicaba J.V. o pasado día 15 de novembro na presentación da exposición, o título da serie actual fai referencia ao “estado de inercia da sociedade global.” A un deixarse ir circularmente á deriva, magnetizada -a sociedade- por unha situación hipnótica que ameaza co colapso.

      Valmaseda fala dun orbitar arredor de nós mesmos, instalados na pasividade que xera a asunción da impotencia; e toma como elemento simbólico desa idea a cidade: a cidade como organismo físico, xérmolo dun ente hipertrófico que ten o seu pleno desenvolvemento nas modernas macro-cidades, nas que el recoñece a imaxe perfecta da deriva cara a autodestrución.

      Naquelas súas palabras de presentación describía en catro sintéticos enunciados a imaxe e o concepto que quere simbolizar nas súas obras. Viña, aproximadamente, expresando o que segue:

      A cidade contemporánea como manifestación palmaria dunha ocupación invasiva, dunha concentración de artificios en continua expansión, na que toda proporcionalidade e relación equilibrada co medio desapareceu. A cidade como hóspede que agrede ao anfitrión e así se autoaniquila.

      As mega-cidades como buratos negros que absorben toda a enerxía, que todo o devoran e devolven só refugallos en deposicións diarreicas, sen intervalo, sen tregua.

      A cidade como paradigma de vulnerabilidade; expresión dramática dun organismo enteiramente dependente.

      A cidade expandida que en suxestivas imaxes nocturnas de satélite semella o “lucerío” dunha verbena planetaria, unha festa popular que apuramos masivamente antes de que o corto-circuito xeral anunciado poña o final definitivo.

      Varias das pezas de escultura da serie ‘Orbitando’ son aglomeracións de pequenos elementos de madeira -o material principal, mais non o único- dispostos de xeito que suxiren fragmentos de espazos urbanizados e en crecemento, presentados desde unha perspectiva aérea ou lonxana. Valmaseda alude a este aspecto dicindo que pretende suxerir a visión distante dun “deus” indolente, na que o demiurgo sería a Humanidade posuidora de amplos saberes e tecnoloxía, ateigada de coñecemento que, porén, máis que  solucións, xera parálise.

      Noutras obras utiliza materiais como metacrilato e lousa, cartón e aceiro inox; ou -nunha peza sin título na que a metáfora se fai máis patente- tea asfáltica, metacrilato e luz asomando nun bidón para o lixo. E emprégaos, como é o habitual no seu traballo, tentando o diálogo ou a confrontación das cualidades estéticas a prol de contundentes elaboracións formais, e procurando a suxestión de sentido desde unha actitude vixiante que, acorde co seu carácter, prescinde de sutilezas e pon o acento en simbolizar as evidencias que a cultura do crecemento se empeña en disimular.

      A exposición estará aberta ata o 7 de febreiro de 2014, en horario de 19 a 21 h (luns a venres) na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avenida da Feira nº 10. Gondomar.

      6
      Orbitando (obra composta por 9 elementos), Jesús Valmaseda
      cadrada-chan
      Cadrada 70x70cm (no chan), Jesús Valmaseda
      Cadrada-parede
      Cadrada de 70x70cm (parede), Jesús Valmaseda
      caverna-global
      Caverna global (tubos cartón), Jesús Valmaseda
      cidade
      Cidade, Jesús Valmaseda
      cidades-no-avismo
      Cidades no abismo (lousa e matacrilato), Jesús Valmaseda
      Megacidade
      Megacidade, Jesús Valmaseda
      mundo-aburatado
      Mundo aburatado (tubos de cartón e aceiro inox), Jesús Valmaseda
      oito
      Oito, Jesús Valmaseda
      papeleira
      Papeleira, Jesús Valmaseda



      [1] Ángel Cerviño, Jesús Valmaseda: Arquitectura de la desolación, Caja Madrid, Pontevedra, 2000.

      Etiqueta:ORBITANDO

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Antón Seoane presenta o seu libro-disco “De Voces Ceibes a Milladoiro”na Aula de Cultura Ponte de Rosas
      20 Xaneiro 2014

      Siguiente publicación

      Colaboracións Literarias: “A amiga de X”, de X Mourisca.
      21 Xaneiro 2014

      Tamén che pode interesar

      captura de pantalla 2016-09-23 a las 00.44.28
      Móllate polos ríos 2016
      22 Setembro, 2016
      Diapositiva3web
      Escolma de exposicións 2009 – 2016
      18 Abril, 2016
      24_1
      “Traveseo. Pragmatismo de Alfonso Soliño Troncoso
      21 Marzo, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?