Ultimos días da mostra No Grande Azul
As imaxes en branco e negro, de gran formato, que José Romay expón na “Aula de Cultura Ponte de Rosas”, supoñen un excelente exemplo de fotografía documental nas que se retratan as duras condicións de traballo dos mariñeiros galegos de altura e litoral.
Esta exposición supón o inicio das Bolsas de Creación Fotográfica que o Museo do Mar, coa colaboración do Centro de Estudos Fotográficos, desexa desenvolver anualmente. Así o explicou Pablo Carrera, director do devandito museo, na presentación da mostra ao público fiel que asistiu a inauguración o pasado venres 2 de xullo da que damos conta nas seguintes imaxes.
Desde aquí felicitamos ao Museo do Mar por esta iniciativa e ofrecémoslle este espazo para acoller ano a ano o froito deste proxecto rigoroso.
Invitámosllos a visitar esta excelente mostra que permanecerá aberta os meses de xullo e agosto na “Aula de Cultura Ponte de Rosas” (Avda. da Feira nº 10 baixo, Gondomar), no horario de 19 a 21 h.
![]() |
Exposición de fotografías No Grande Azul de José Romay Inauguración |
Etiqueta:imaxes en branco e negro, José Romay, mariñeiros galegos