Presentación de “Cántico dos topónimos esdrúxulos”
Coincidindo coa inauguración (10 de setembro de 2010) da exposición “MATERIAL METÁFORA” terá lugar a presentación do libro Cántico dos topónimos esdrúxulos de PEPE CÁCCAMO, editado por Espiral Maior nunha edición limitada de 100 exemplares con ilustracións do autor.
A presentación do libro correrá a cargo do membro da Xunta de Goberno do IEM Gonzalo Navaza Blanco e contaremos tamén coa presenza do editor Miguel Anxo Fernán Vello.
O acto rematará coa interpretación dalgúns poemas do libro a cargo de Santiago Ferragud (voz, guitarra) Marlene Rodrigues (voz) e Isaac Garabatos (guitarra), tres dos integrantes do proxecto XARDIN DESORDENADO