Últimos días para ver a mostra fotográfica No Grande Azul de José Romay.
As imaxes en branco e negro, de gran formato, que José Romay expón na “Aula de Cultura Ponte de Rosas”, supoñen un excelente exemplo de fotografía documental nas que se retratan as duras condicións de traballo dos mariñeiros galegos de altura e litoral.
A mostra estará dispoñible ata o venres 27 de agosto.
Horario: Luns a Venres de 19 a 21 h.
Sala de Exposicións: Aula de Cultura Ponte de Rosas