• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Sala Exposicions 2009 - 2016

      • Inicio
      • Blog
      • Sala Exposicions 2009 - 2016
      • Vítor Mejuto. My Favorite Things
      mejutoiem

      Vítor Mejuto. My Favorite Things

      • Publicado por IEM
      • Categorías Sala Exposicions 2009 - 2016
      • Data 25 Marzo 2011
      • Comentarios 0 Comentarios

      Vítor Mejuto. My  Favorite Things

      Aula de Cultura Ponte de Rosas. Do 18 de marzo ao 13 de abril. Gondomar.

      A nova cociña de Vítor Mejuto.

      Todo bo cociñeiro sabe que non é nada doado acadar un prato  ben equilibrado, nese punto onde  sabores e sustancias elementais, sen sobresaír ningún, mestúranse dun xeito que remata sendo outra  cousa, nova e sorprendente, nunha amálgama que ten a súa propia lóxica, sinxela e fluída,   onde, apenas perceptibles para sutís e curiosos comensais,  fican os resóns e recendos de todos e cada un dos ingredientes iniciais.

       As pinturas que Vítor Mejuto, baixo o título My Favorite Things, as miñas cousas favoritas, presenta na Aula de Cultura Ponte de Rosas, en Gondomar, amósanos o traballo dun excelente cociñeiro que se atopa nun estado de graza, cunha obra que expresa unha convicción e unha confianza ilimitadas  nas posibilidades da pintura, case inconcibible nestes tempos de dúbida e perplexidade. Sabores e recendos puros danse cita nunha síntese alquímica que resume, nas dúas dimensións da tea, todo un século de experimentacións plásticas e visuais, e disponnos, hoxe, xa iniciada a segunda década do século XXI, para novos pulos e experimentos.

       Desde as primeiras achegas  do cubismo sintético, pasando polo conceptualismo inicial de Malevich, os xiros e movementos no espazo dos construtivistas soviéticos, o neo- plasticismo de De Stijl e o deseño técnico- industrial da Bauhaus, as máquinas paródicas de Picabia ou os xogos de luz de Moholy- Nagy, as formas biolóxicas de Hans Arp e Katarzyna Kobro, as homenaxes ao cadrado de Josef Albers, os Espazos Proun de El Lissitzky, a Abstracción- Creation de Max Bill, os campos de cor de Barnett Newman e Kenneth Noland, os baleiros de Oteiza, a arte óptica de Vasarely, as cores pop, crúas e acedas, de Robert Indiana, as construcións de Palazuelo ou do galego Labra, o minimalismo americano de Ellsworth Kelly ou Frank Stella, as pinturas neo- xeo de Peter Halley, todo, todo se atopa aquí, nestas teas, debedoras dun imposible movemento continuo. Os seus ingredientes,  agochados, integrados, case suxeridos,  como patróns dos que o autor dispón á súa conveniencia, nas doses xustas, cunha versatilidade, desenvoltura e personalidade admirables, dinnos que, hoxe, na era da información, non se pode ser pintor sen saber, coñecer e dixerir o que as artes deron e dan de si, navegando entre o incerto e complexo mar do noso tempo e a  conciencia do artista.

       Neste contexto, as referencias musicais do título da mostra non son froito dun capricho. A música de jazz, como a arte abstracta e xeométrica, cumpre algo mais dun século. As dúas son manifestacións libertarias que, no seu momento, xorden rebeldes e optimistas, enchidas de futuro, estimulando e valorando a creatividade, o azar e a experimentación, sempre na procura dunha evolución contínua que precisa do establecemento de formas, principios e parámetros diferentes, mais abertos, democráticos e lúdicos.

       E así é como debemos achegarnos á persoal síntese proposta por Vítor Mejuto nesta magnífica mostra que, ancorada nunha tradición da arte entendida como construcción e como xogo, ofrécenos, nestes tempos de sincretismo, a súa resposta, entusiasta, nova, vibrante e fresca,  aos problemas e cuestións que se debaten, na actualidade, na arte contemporánea.

      Etiqueta:exposición mejuto

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Imaxes da andaina pola Serra da Groba.
      25 Marzo 2011

      Siguiente publicación

      Sinatura de convenios entre a Universidade de Vigo e o Instituto de Estudos Miñoranos
      25 Marzo 2011

      Tamén che pode interesar

      captura de pantalla 2016-09-23 a las 00.44.28
      Móllate polos ríos 2016
      22 Setembro, 2016
      Diapositiva3web
      Escolma de exposicións 2009 – 2016
      18 Abril, 2016
      24_1
      “Traveseo. Pragmatismo de Alfonso Soliño Troncoso
      21 Marzo, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?