A Cabaqueira. A fabricación artesanal de tella do país
O xoves 16 de xuño de 2016 no Instituto de Estudos Miñoráns en Gondomar presentamos a exposición A CABAQUEIRA, dedicada á fabricación artesanal de tella do país con todo o material empregado polos telleiros.
Ás 20.30 horas o telleiro e investigador, José Álvarez Alonso, “O Buraco”, impartirá unha conferencia sobre o tema e fará unha demostración de fabricación de tellas e ladrillos de xeito manual.
A exposición permanece aberta ó público dende o pasado xoves ata finais de mes, de 18 horas a 20.30 horas.