-“Has de Cantar”, o poema de Rosalía musicalizado polo artista miñorano Pablo Rial Salgueiro será interpretado por Cantares do Brión no acto central en Vigo polo 150 aniversario da primeira publicación de Cantares Gallegos.
Na mañá do domingo, 26 de maio, no Casco Vello de Vigo desenvolverase unha xornada de homenaxe floral e musical con motivo de se cumpriren os 150 anos da publicación da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Desde primeira hora está prevista a elaboración dunha alfombra floral. Posteriormente, a partir das 12:00 horas desenvolveranse varias actuacións de grupos de gaitas e de baile tradicional.