Achegamos o texto da conferencia Baiona 1936 ofrecida polo historiador Carlos Méixome no peche do ciclo 75 anos despois , organizado pola Comisión Volta dos 9 e o IEM.Para baixar o texto pique aquí.
Mañá sábado ás 20h na Capitanía de Baiona (r/ Elduayen 20, 1º andar) pecharase o ciclo de presentacións de libro e conferencias “75 anos despois” cunha conferencia do director do Instituto de Estudos Miñoranos, profesor e historiador, Carlos Méixome Quinteiro na que realizará unha primeira achega aos feitos acontecidos na vila de Baiona a partir do 20 de xullo de 1936, data da declaración do Estado de Guerra en Vigo, ata o 24 de xullo, día no que as tropas sublevadas entraron na vila de Baiona.
Durante a segunda conferencia do ciclo 75 anos despois será presentada a última obra do historiador Dionisio Pereira González, Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). A obra, editada no ano 2010, toma como fío principal a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea. Afonda no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo.