As xeiras nocturnas teñen a maxia que escenifica a escuridade. A presenza da natureza ten outras cores e outras mensaxes que baixo o reinado do sol non podemos observar. Si alguén o tiña claro foron os antigos habitantes da nosa terra, que deixaron os seus gravados nas rochas para que só se amosen cando o astro rei se deita ou apenas se ergue polo horizonte.