Os veciños da parroquia de Vincios (Gondomar) a chaman “A Pedra das Procesións”. Monumento da arte rupestre de carácter “naturalista”, cos seus 12 x 6 metros gravados na rocha é considerado o maior panel de armas de Europa pertencente ao Calcolítico. Se empraza sobre unha grande pedra de gran groso, na cara oriental cunha pendente pronunciada, tendente á verticalidade, “feita para ser vista” como soe dicir o arqueólogo Xosé Lois Vilar. Esta xoia de Galicia, será o centro de atención da vindeira Xeira do IEM o próximo mércores 8 de agosto ás 22 horas.
“Sobre as once da noite e logo do remate do partido do mundial de fútbol, os participantes na primeira Xeira do verán 2010 preparáronse para unha noite de calor, mosquitos e moita aventura.