O artigo do subdirector do IEM, Xosé Lois Vilar forma parte das Actas da VI Xornada de Literatura de Tradición Oral “Historias, mitos e monstros do Mar de Galicia” que pode descargarse na súa totalidade aquí nunha versión en PDF.
“Aceite, madeira e boinas. A talasonimia e naufraxios na costa galega” é o título dunha investigación que o arqueólogo e especialista en toponimia, Xosé Lois Vilar leva desenvolvendo dende hai máis dunha década por toda a costa do país. Froito do estudo da cartografía e documentación histórica, mais sobre todo das centos de entrevistas a mariñeiros e habitantes da ribeira atlántica, o artigo que hoxe compartimos afonda na pegada na memoria colectiva das ducias de naufraxios no mar de Galicia.