O IEM fai un convite a tódalas gaiteiras e gaiteiros da bisbarra para que se unan á “Alborada para Rosalía de Castro” que terá lugar o vindeiro domingo 24 de agosto. Ao igual que no resto do pais, os músicos do Val Miñor están chamados a concentrarse en distintos puntos das vilas e parroquias ao longo do día para agasallar cos seus toques a memoria e obra de Rosalía.