Un carreiro de estrelas esvara entre os piñeiros… É a Santa Compaña? Preguntan. Dende lonxe pouco se pode dicir. Temos que achegarnos. Un balbordo de voces indica que a Santa non é. Ela camiña silenciosa. Non tés que botarte ao chan. Non temas.Quérete levar, pero non ao cemiterio, se non a un sitio no que o tempo e o espazo conxugan o que foi có que é.
Cheira. Cheira a monte, a fentos e piñeiros, a silvas e toxos. Cheiramos nós: sendeiristas da Xeira á Serra do Galiñeiro.
O Concello de Nigrán realizou as Xornadas sobre a Emigración Inmigración, dende o día 4 ao 19 de xuño pasado, no Pazo de Pías (A Ramallosa).
O IEM participou nas mesmas como institución colaboradora, coa participación de seu director Carlos Méixome e o xornalista Álvaro Peralta.
O IEM participou nas mesmas como institución colaboradora, coa participación de seu director Carlos Méixome e o xornalista Álvaro Peralta.