O pasado domingo 20 de marzo, as asociacións S.O.S. Groba, Instituto de Estudos Miñoranos e Verdegaia organizaron unha andaina pola Serra da Groba , parte do programa de roteiros mensuais de Verdegaia “Vai de roteiros!. Nesta serra próxima ao mar e a máis meridional da Galiza, congregáronse máis de cincuenta persoas que compartiron e gozaron das particulares características faunísticas, florísticas, xeolóxicas, arqueolóxicas, etnográficas e a singular beleza deste espazo natural ó mesmo tempo que analizaron as agresións e ameazas que padece.
O vindeiro domingo 20 de marzo, as asociacións S.O.S. Groba, Instituto de Estudos Miñoranos e Verdegaia organizarán un novo roteiro do programa de roteiros mensuais de Verdegaia “Vai de roteiros!” pola Serra da Groba, a serra mareira máis meridional da Galiza. A nosa intención é amosar as particulares características faunísticas, florísticas, xeolóxicas, arqueolóxicas, etnográficas e a singular beleza deste espazo natural ó mesmo tempo que analizamos as agresións e ameazas que padece. A saída será as 9:45 h. da estación de autobuses de Vigo ou ás 11 h. da porta do Parador de Baiona dende onde se subirá en coches particulares á parte alta da serra. O roteiro durará todo o día, polo que se recomenda levar auga, comida e algo de conversa. É imprescindible a inscrición previa