O Instituto de Estudos Miñoranos e colaboración coa Asociación de Mulleres do Val Miñor “Area Loura” ven organizando o ciclo de actividades “Mulleres na historia” ao longo de todo o mes de marzo. Dentro deste ciclo o próximo Xoves 15 de marzo ás 20:00h., na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) teremos a presentación da novela “Laura no deserto” por parte do seu autor Antón Riveiro Coello que será presentado pola socia do IEM e integrante da A. de Mulleres “Area Loura”, María Luísa Varela Nogueiras.