Un cento de nenos dos cursos de 5º e 6º grao do CEIP Humberto Juanes recibiron a visita do director da Sección de Arqueoloxía do IEM, Eduardo Méndez Quintas. Os cativos, ademais dunha charla informativa sobre o Paleolítico en Galicia, tiveron a posibilidade de observar pezas auténticas das atopadas durante a ultima tempada de escavacións no xacemento O Cabrón.
O xacemento arqueolóxico paleolítico d’O Cabrón (concello de Arbo,) un complexo de máis de 300 mil de antigüidade, será aberto novamente ao público este sábado 28 de xullo. O equipo arqueolóxico dirixido por Eduardo Méndez (IEM) recibirá aos visitantes para dous percorridos guiados pola estación, o primeiro ás 11 horas e outro pola tarde ás 18:30 horas. Posteriormente, ás 20 horas, terá lugar unha conferencia onde se presentarán os resultados das pescudas e unha demostración da elaboración e uso das ferramentas paleolíticas, no Museo ARABO de Arbo.
{youtube width=”200″ height=”160″}keTMCM4Dh-Y{/youtube}
O arqueólogo Dr. Manuel Santonja Gómez opinou que o xacemento O Cabrón será “un hito” do coñecemento do Paleolítico Inferior en Galicia e o Norte da Península Ibérica. O experto visitou onte a escavación acompañado polo director do IEM Carlos Méixome, o director do proxecto, o arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM), o director dos traballo de campo Eduardo Méndez Quintas (IEM), e parte do equipo de traballo da Sección de Arqueoloxía.
{youtube width=”200″ height=”160″}SWNb_kl2DlM{/youtube}
Onte pola maña, o ruído das pas e picos batendo contra a terra anunciou o inicio da segunda fase dos traballos arqueolóxicos nas viñas de O Cabrón, no municipio de Arbo. O obxectivo da xornada era avanzar na primeira terraza escavada e no segundo rectángulo da sondaxe ata aproximarse aos estratos onde se atoparon as primeiras pezas.