A Aula de Cultura Ponte de Rosas acollerá a mostra Argumento(s) para unha farsa, da artista plástica Rosalía Pazo. O acto inaugural -de carácter aberto- terá lugar o próximo venres 25 de maio de 2012, a partir das 20 horas. A presentación da exposición correrá a cargo da amiga da escultora, artista, teórica e comisaria, Mar Caldas.