O vindeiro venres 26 de abril, ás 19:30 horas no local da Comunidade de Montes de Pinzás, Tomiño, celebrarase a Asemblea de SOS GROBA, aberta a todos/as os que desexen a conservación e protección da serra da Groba, a súa posta en valor e a recuperación do seu múltiple e rico patrimonio arqueolóxico, xeolóxico, botánico, faunístico e paisaxístico, e tódolos valores etnográficos e tradicionais que suman un tesouro que hai que protexer.