Na noite do 24 de decembro para o día de noiteboa de 1929 no Poste do Norte dos Carallóns bateu o mercante noruego Aslaug-Haaland, afundiuse e morreron todos os seus tripulantes.
O instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e a Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona inicia unha colaboración para encher de actos culturais a Capela da Misericordia.
Comezamos cunha charla de Xosé Lois Vilar Pedreira ás 18h. do día 25 de decembro, para falar do afundimento do Aslaug o mesmo día de hai 86 anos. Tamén se falará dos naufraxios do T.H. Skogland no ano 1923 e do Highland Pride o 9 de setembro de 1929.