Integrada nas actividades que leva a cabo o IEM, a programación das exposicións na sala da Aula de Cultura Ponte de Rosas, representa unha coidada oferta, que, da man dos seus responsables, o arquitecto Antonio Soliño, o escultor e aparellador Alfonso Soliño e o artista Fino Lorenzo, intenta acoller, de maneira aberta e heterodoxa, todo tipo de manifestacións e derivacións plásticas, que inclúan, ademais dos soportes xa tradicionais, pintura, escultura e fotografía, mostras de deseño, arquitectura, moda, cómic, instalación, ilustración, etc.