Alain Tanner en 1976 dirixiu a película Jonas qui aura 25 ans en l’an 2000. Vinte e cinco anos mais tarde un profesor de matemáticas, o catalán Ramón Espelt, escribiu Jonás cumplió los 25 : la educación formal en el cine de ficción, 1975-2000. Na película había unha crítica ó sistema escolar que seguía instaurado en Francia despois das protestas de maio do sesenta e oito. No libro hai unha análise de trescentas películas que tratan de escolas, métodos e profesores. Os dous títulos fanme pensar no futuro dos meniños que lles tocou nacer agora en Galicia.