– O primeiro dos faladoiros terá lugar o vindeiro venres 9 de novembro coa presenza do atleta Francisco Javier Gómez Noia e o presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva.
Este mes de novembro dará comezo a onceava tempada consecutiva das TERTULIAS do IEM. Unha vez mais o novo ciclo será diverso na súa temática e terá como novidade a inclusión de dúas mesas redondas que analizarán novas perspectivas no sector rural. Como é costume os faladoiros terán lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, sita na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar).