Recentemente editado, Carlos Casares, o amigo das palabras, achéganos unha imaxe plural do senlleiro escritor ourensán a partir de trinta e tres entrevistas realizas a diversas personalidades da cultura. Rafael Laso Lorenzo (Xinzo de Limia, 1965), autor do libro, escolleu a tres membros desta casa que por unha razón ou outra, coñeceron persoalmente a Casares para a construción dese feixe de miradas. Hoxe compartimos a entrevista realizada á tamén escritora Rexina Vega, e en sucesivas achegas incluiremos as de Camiño Noia e Carlos Méixome.
O Instituto de Estudos Miñoranos informa aos seus socios/as , amigos/as da triste nova do falecemento da escritora e veciña do Val Miñor, Kristina Berg, viúva do escritor Carlos Casares, ocorrido no día de hoxe, 3 de xuño de 2012, na cidade de Vigo.
O 23 de febreiro de 2002, Carlos Casares visitaba a Casa de Cultura de Gondomar con motivo da presentación dunha humilde publicación das coplas e actas notariais de quince anos enterrando a sardiña na vila de Don Diego Sarmiento. Feito …
O próximo nove de marzo cúmprense o décimo aniversario do falecemento de Carlos Casares. Na memoria das xentes do Miñor segue viva a presenza do seu veciño. No mundo cultural galego percíbese o oco da súa ausencia. No Instituto de Estudos Miñoranos sentimos a falta do veciño, do amigo e do xeneroso colaborador cando andabamos a dar os primeiros e balbucintes pasos.