“Querido Alberto: Me llegan noticias de que estás enfermo: ayer intenté hablar con Vigo, a la mañana, pero el trato de ferias monopolizaba el teléfono. ¿Cómo estás, qué pasa? ¿Y cuándo sale de tu silencio una carta para mí?” (Mondoñedo, Outubro de 1959). A relación epistolar entre o escritor Álvaro Cunqueiro -autor das liñas que preceden- e o notario Alberto Casal -o destinatario-, agora recollida na obra Saiban cantos estas cartas viren… Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961), nos permitirá gozar coa lectura deste intercambio de “intelixencias”, así como descubrir “a biografía interior de Cunqueiro”, como adianta o seu fillo César no prólogo da mesma .