Aínda que natural de Arbo, onde se establecería tras cumprir a pena de prisión, Jaime Martínez Estévez residía, na altura de 1936, en Baiona. Na vila mariñeira, que os fachendosos denominan real, traballaba de Garda Forestal. Alí transcorría a súa vida en tempos axitados pola crise económica mundial, o ascenso dos fascismo en Europa e as tensións políticas da II República, até que se produciu a sublevación militar do 18 de xullo.