“Este vai ser un ano clave na recepción da obra de Álvaro Cunqueiro”, salientou Manuel “Forcadela” Fernández Álvarez, durante a presentación dun documental da Universidade de Vigo que percorre a vida e obra do escritor de Mondoñedo. A peza foi exhibida na Aula de Cultura Ponte de Rosas que contou coa presenza de numerosos veciños do Val Miñor, alumnos da U. de Vigo e concelleiros da bisbarra. Pola súa banda, Fernando Guitián, alcalde de Gondomar, destacou que estas homenaxes que se están a realizar no seu centenario teñen que servir para redescubrir a Cunqueiro, para relelo ou para coñecelo por aqueles que aínda non se achegaron a súa obra.