No marco do centenario de Francisco “Paco” del Riego, o Instituto de Estudos Miñoranos organizará un encontro en Lourido (Nigrán): “Na reivindicación do Lourido, na lembranza de Paco del Riego”. O mesmo terá lugar o vindeiro venres 30 de agosto ás 20:30 horas xunto á placa que honra a del Riego, “Fillo adoptivo de Nigrán”, na Área Loura.