A Charla de Cibrán Santamarina titúlase “A Física de Partículas e como entendemos a materia”. O convidado (posuidor dun amplo currículum científico ) participou entre outros nos experimentos DIRAC e ATLAS desenvolvidos polo Centro Europeo de Investigacións Nucleares (CERN).Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 27 de abril de 2012 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680644490 ou ben no correo electrónico direccion@minhor.org