A Concellería de Educación do Concello de Gondomar propúxose este ano, entre outras cousas, recuperar o Certame Literario D. Diego Sarmiento de Acuña que, por diversas circunstancias, quedara truncado na súa 8ª edición, ano 2009. Trátase dun concurso de poesía e narración de ámbito miñorán dirixido aos escolares de primaria, ESO e bacharelato desta bisbarra, que pretende contribuír a potenciar a creatividade literaria da mocidade, en lingua galega.