Toda a obra de Ramón Trigo ardeu a tres semanas da inauguración. Das súas cinzas está fornecida e titulada a mostra do plástico agora exposta na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Unha colección de pinturas, debuxos e esculturas que falan do seu talante creativo na que se conxugan traballos que o azar salvou por estar fóra do lugar do lume e outras que son xermolo da triste experiencia. “Cinzas”, así sen máis, quedou aberta ao público o pasado xoves 22 de maio nun acto no que o artista obsequiou aos asistentes cunha bolsiñas con restos do que non se puído ver, mais estivo alí.
A colección pode ser visitada de luns a venres de 18 a 21 horas na sede do IEM (Avenida da Feira, 10 – baixo, Gondomar). Aínda que sempre queda algunha hora máis para aqueles con gañas de percorrela a modo. Para visitas de centros de ensino ou colectivos noutros horarios débese contactar ao teléfono 608 266 094 ou na sede do IEM no mesmo horario da mostra.