{youtube width=”250″ height=”200″}JwTYdjf5D0A{/youtube}
Para agasallar ou agasallarte nestas festas regala arte e colabora co IEM. Unha fermosa colección de serigrafías orixinais de cinco artistas miñoráns permitiranche gozar e difundir a arte á vez que fas posible que esta institución poida seguir traballando. Cada carpeta ofrecese a un prezo de 800 euros e contén cinco serigrafías orixinais, de 68×50 cm., unha de cada un dos artistas: Fernando Casás, Armando Guerra, Fino Lorenzo, Carlos Barros e Lula Goce, estampadas no Taller Villalobos de Serigrafía Artística, sobre cartolina Fabriano Academia de 350gr.