{youtube width=”200″ height=”160″}c0lo1IHlmfU{/youtube}
Xosé Lois Vilar (IEM) e mais Xilberte Manso (IEM) organizaron unha xeira de arte rupestre na parroquia San Xurxo de Sacos (Cotobade), o pasado 29 de outubro. En primeiro lugar, fíxose unha charla no local da Comunidade de Montes da parroquia a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar, logo o equipo do IEM guiou aos visitantes polo monte, percorrendo os petróglifos A Laxe do Cuco, A Portela da Cruz e a Laxe das Rodas no Lombo da Costa.